Trazado total
Bendoiro-Silleda: 9,2 km, duranción 2 h. 20 min.
Desde Prado, o Camiño toma dirección Silleda, de cuxo núcleo urbano parte o desvío de 2km que conduce ao santuario da Saleta.
Silleda-A Bandeira: 7,5 kms, duración 1 h. 20 min.
Á saída de Silleda, a ruta pasa por Ou Foxo, Margarida e Chapa, para logo atravesar Bandeira, A Codeseira, Piñeiro, Castrovite e Loimil.
Abandona entón o termo de Silleda para penetrarse no da Estrada, ata Valboa, Arnois, A Calzada e A Veiga, e finalmente entra en Vedra por Ponche Ulla.
Capital do termo municipal do mesmo nome, de 2.500 habitantes, con todo tipo de servizos, famosa por contar cun importante recinto feiral que celebra exposicións de carácter internacional e polas súas afamadas sobremesas chamadas melindres (rosquillas). Recíbenos ofrecéndonos, para un pequeno descanso, un acolledor parque da igrexa con cómodos bancos baixo unha preciosa pérgola que remata nunha vistosa fonte onde encher a cantimplora.
Despois de pasar por diante da Casa Consistorial, edificio nobre con ampla balconada e campanario do S. XIX, onde poderemos obter calquera tipo de información e selar a credencial, á saída do pobo continuamos polo camiño que se desvía á esquerda e que transcorre polas aldeas de Foxo de Deza, antiga capital municipal, cunha rúa medieval flanqueada por fermosas construcións históricas do S.XVIII-IX,Margaride e Chapa, ata chegar ao pobo de A Bandeira.
No lugar de Chapa gozaremos dunha paisaxe moi suxestiva, pasando por outra ponte medieval, do S. X. Pouco antes aconsellamos un descanso nunha área de recreo coñecida como “O Muíño de Covián”. Unha vez superado outro paso elevado sobre a autoestrada que vai a Santiago, nos dirigiremos directamente e sin demora, ata a localidade da Bandeira, segundo núcleo en importancia do concello.
Asistencia
Albergue de A Bandeira, situado na Rúa de Louráz (36 plazas)
Tlfno.: 670 50 23 56.
Concello: 986 580 000. En Silleda no propio Camiño.
Protección Civil: 660 663 145. Camiño.
Parque Empresarial. 24 horas.
Centro de Saúde:
(a 100 metros. Tlfno.: 986 580 230. 24 horas.)
Garda Civil: 986 580 071.
Igrexa: 986 580 032. Situada no propio Camiño.
Servizo de Taxis: 986 580 172. No chito 40,772 km.
(No Camiño).
Para Durmir
Hotel Residencia Ramos.
Tlfno.: 986 581 212
Hostal González.
Tlfno.: 986 580 156. Ten Restaurante.
Hostal Pardo.
Tlfno.: 986 580 126. Dan Comidas.
Fonda Maril.
Tlfno.: 986 580 955. Dan Comidas.
Pensión do Campo.
Tlfno.: 986 581 204 Ten Restaurante.
A Bandeira é outra das poboacións do Concello de Silleda que, por historia e tradición, sempre da acubillo ao peregrino e dispón de todo tipo de servizos para ese mester. Son famosos os seus mercados que se celebran os días 14 e 29 de cada mes e sobre todo a Festa da Empanada (mes de agosto), que está declarada Festa de Interese Gastronómico.
D. José Espiño Matos, o párroco desta localidade, un gran estudoso do Camiño con publicacións, atende con moita amabilidade a todas as demandas de atención.
Saímos de A Bandeira por estrada e de seguido xiramos á dereita, xusto cando nos quedan 33 km. para chegar á Porta Santa, para tomar un camiño que discorre entre campos de cultivo. Pasamos por Vilariño, Piñeiro e máis tarde por San Martín de Dornelas, que ten unha fermosa igrexa románica cunha ábsida circular, que nos da testemuña da súa antigüidade. Case aos seus pés, unha fonte axudaranos a recobrar forzas.
Agora a paisaxe comeza a cambiar de tonalidades e no chito 26,762 km deixamos este pintoresco e acolledor Concello para entrar no de A Estrada. Aquí os prados, piñeirais e carballeiras dan paso aos eucaliptos ata que se chega a San Miguel de Castro con exuberantes hortensias formando sebes e onde podemos deternos uns momentos na ermida de Santiago. Unha forte baixada por pista asfaltada lévanos ata a ermida de Gundián, no medio dun espléndido prado con fonte, que invita a descansar. Quedan uns tres quilómetros ata Ponte Ulla por pista asfaltada, a onde nos acercamos pola ponte antiga.
Asistencia
Refuxio en Polideportivo.
Tlfno.: 986 58 00 00 / 669 599 777 / 660 663 145 (Normas de uso)
Centro de Saúde.
986 585 706. Próximo ao Camiño.
Casa Parroquial.
Tlfno.: 986 585 336. En A Bandeira, no Camiño.
Centro Cultural Vista Alegre.
Á saída de A Bandeira. No Camiño.
Servizo de Taxis: 986 585 466. No Camiño.
Para Comer
Restaurante Victorino.
No Camiño.
Bodegón Zaus. No Camiño.
Próximos: Bar Arume. Bar Bernabé.
Hostal Conde Rey
Tlfno.: 986 58 58 61
Para Durmir
Hotel Victorino.
Tlfno.: 986 585 330. No Camiño.
Hostal Conde Rey.
Tlfno.: 986 58 58 61 No Camiño.
Fuente: turismosilleda.es
El albergue turístico O Cruceiro da Ulla, sito en Ponte Ulla, jardín de Compostela, puerta de Santiago de la Ruta de la Plato o Sanabresa y paso obligado de todo peregrino, fue en su día calzada romana de la cual se conservan las losas de piedra de la época. Ultima parada natural de peregrino, pues se encuentra a tan solo 17km de Santiago.
La propiedad del albergue es privada y se inauguró el 01 de junio de 2013
La disponibilidad del albergue es de todo el año y con posibilidad de reservar plaza.
LITERAS
Precio: 10 euros
Plazas totales: 32
Nº de plazas en cama de litera: 18
Descripcion de habitaciones de litera : 7 habitaciones de 2 plazas e 1 habitacion de 4 plazas con baño individual todas ellas
CAMAS
Precio: 35 euros
Nº de plazas en habitación con cama doble : 12
Descripcion de habitaciones con cama doble : 6 habitaciones de 2 plazas con baño individual todas ellas
Se sirve menú del día y tenemos una extensa carta de bocadillos, platos combinados… en el restaurante de O
Sabrosos Platos y Tapas.
Albergue con Literas para el Peregrino
Hora de apertura: 10:00
Hora de cierre: 23:00
Se tiene la posibilidad de salir cuando se cierra