Sendeiro de curto percorrido de dificultade media-baixa. Ten unha distancia de 13 km. no trazado máis longo. Este circuíto circular pódese realizar en catro horas con descansos.
Combina camiños asfaltados, calzadas empredadas, camiños rurais e vías pecuarias.
A flora e a fauna é abundante e rica en especies autóctonas.
O patrimonio artístico vén xalonado de igrexas, pazos, casas grandes e capelas, que constitúen unha fermosa reliquia do pasado nas terras de Trasdeza. De interese destacar que transcorre sobre un tramo do Camiño Mozárabe (Vía da Prata) pero en sentido inverso, é dicir, dende Silleda ata a Ponte de Taboada.
SILLEDA - TRASFONTAO - TABOADA - TABOADA VELLA - CAMPORRAPADO - COVAS - A SALETA (SIADOR) - Silleda.
Parte de Silleda, da Praza de Igrexa, seguindo en sentido invertido, o Camiño Real (Vía da Prata) cara ao lugar de Trasfontao, onde se destacan: a calzada, o pazo e a carballeira; e de aí a área de descanso do peregrino, en Taboada. Seguindo en dirección oposta continúa ata o lugar de Taboada Vella, e xusto diante do Portal da Casa de Turismo Rural “A Posta da Prata”, continuaríamos cara a dereita deixando a nosa conexión co Camiño de Santiago. Neste punto, antes de empreder novamente o sendeiro, aconséllase baixar ata o río para admirar a beleza do conxunto formado pola calzada e a ponte do S. X coa inscrición da súa construción gravada nunha rocha.
Feito este descanso cultural, retrocederíamos ao portón da casa rural, para continuar pola esquerda, collendo unha pista e logo outra vez á esquerda para baixar ao r ío Deza e remontalo nun fermoso paseo fluvial ata chegar ao lugar de Camporrado, famoso por ser terra de persoeiros ilustres e lugar de celebrada feira ata o S. XVIII cunha esbelta capela.
A continuación proseguimos ata o lugar de Covas, con Casa de Turismo Rural, e de aí, pasando por entre carballeiras ata o Santuario da Saleta en Siador onde remata a camiñada, para admirar toda a súa contorna.
Para volver ao punto de inicio, xa por estrada asfaltada, Silleda queda a 2 km.
Punto de saída:
Parque das Pedrosas
Punto de chegada:
Santuario da Saleta
Tempo:
3 h. Aprox.
Distancia a percorrer:
Ruta curta: 5 km
Ruta principal: 13 km
www.turismosilleda.es